Thumbnail for Tectónica de Placas Global. Ideas xerais (XeoClip) by XeoClip

Tectónica de Placas Global. Ideas xerais (XeoClip)

XeoClip

6m 13s722 words~4 min read
Auto-Generated

[0:02]Grazas ás hipóteses da deriva continental e a expansión do fondo oceánico e o traballo de moitos científicos como Bullard e Tozo Wilson, do cal vos falaremos noutro vídeo un pouco máis adiante, agrúpanse un conxunto de ideas que orixinan na década dos anos 70 a denominada Teoría da Tectónica de Placas Global. É sobre isto, é do que vos queremos falar agora aquí neste vídeo.

[0:33]A tectónica de placas explica moitos dos procesos xeolóxicos que se producen na Terra e ten varios puntos fundamentais. Imos aló con eles. O primeiro é que a litosfera está dividida nunha serie de fragmentos ríxidos, denominadas placas tectónicas, como podedes ver aquí neste modelo que trouxen para amosarvos. A maioría destas placas conteñen litosfera continental e oceánica. O seu grosor oscila entre os 50 e 200 km, aínda que poden chegar aos 300 en baixo das grandes cordilleiras do planeta. Existen sete grandes placas litosféricas principais que os vou enseñar eu aquí no iPad, de acordo? E son a Euroasiática, a Africana, a Pacífica, a Norteamericana, Sudamericana, Indoaustraliana e Antártida. Non esquezades que a Antártida é un continente. Entre elas hai varias pequenas como son as de Nazca, Caribe, Cocos, Arábiga e Filipina. Ademais, hai moitas microplacas, como as que compoñen a conca Mediterránea, pero non aparecen neste modelo de aquí. O segundo punto é que as placas se moven, cambian e interactúan. Estes movementos poden ser horizontais, como indican as frechas dese mapa que estades vendo aí. Poden ser verticais, son os movementos isostáticos, ou ambos os dous á vez. A velocidade destes movementos oscila entre 1 e 12 cm/ano, que é a mesma velocidade á que medran as nosas uñas. Posto que non existen ocos entre as placas, o movemento de calquera delas afecta ás que a rodean, o que pode causar afastamento, aproximación ou mesmo a colisión entre elas. Por este motivo, os límites entre placas son as zonas de maior sismicidade e vulcanismo da Terra. Fixádevos como a maioría dos terremotos ocorren en zonas concretas do planeta.

[2:57]E o mesmo acontece coa distribución dos volcáns. Podedes ver o vídeo completo no enlace de ampliación que tedes na descrición do vídeo.

[3:12]Imos aló co terceiro punto. Os límites ou bordes de placas teñen unha actividade xeolóxica moi intensa. E en función do tipo de desprazamento dividímolos en bordes converxentes, diverxentes e conservativos. Vémolo aquí, fixádevos. Os bordos diverxentes son o límite entre dúas placas que se separan. Nelas sitúanse as dorsais e xérase litosfera oceánica nova ao ascender materiais desde o manto, polo que tamén se denominan bordos construtivos. Bordos converxentes forman o límite entre dúas placas que se xuntan. Nelas atópanse as zonas de subducción. Nestas zonas, unha das placas introdúcese debaixo da outra afundíndonos no manto. É dicir, subduce. Por ese motivo, tamén se chaman bordos destrutivos. Ei, por último temos aquí os bordos con movemento lateral ou conservativos. Son aqueles nos que non se crea nin se destrúe litosfera, senón que se despraza lateralmente unha placa con respecto a outra formando grandes fallas ou fallas transformantes. Bueno, vou de aquí, que isto me, isto bomele. Cuarto punto: a idade das rochas. A formación da nova litosfera nos dorsais e a súa destrución nas zonas de subducción, explica que a antigüidade dos fondos oceánicos sexa sempre inferior a 180 millóns de anos, como vemos aquí, mentres que nos continentes podemos atopar rochas de ata 4.000 millóns de anos. E por último, a teoría da tectónica de placas propón que a enerxía interna terrestre é o motor do movemento das placas. Esta enerxía procede da desintegración dos elementos radioactivos que están no interior da Terra e da remanente da formación inicial do noso planeta. É a responsable de impulsar as correntes de convección do interior terrestre. Os movementos das placas litosféricas, o vulcanismo e a reciclaxe codia oceánica basáltica. Isto foi o resumo que vos queriamos contar sobre as ideas que sustentan a tectónica de placas global. Moitas delas foron sorprendentes e innovadoras no seu tempo, rachando os paradigmas anteriores. Para iso, moitos científicos precisaron ser valentes e pensar de xeito diferente. Iso é parte do progreso da ciencia, pois como dixo Don Miguel de Unamuno, a verdadeira ciencia ensina, sobre todo, a dubidar e a ser ignorante. Que gran frase, verdade? Si, ademais. Pois aquí o deixamos. Aguriño. Ata pronto.

Need another transcript?

Paste any YouTube URL to get a clean transcript in seconds.

Get a Transcript