[0:00]Ola, xente de ciencia! Ola! Neste vídeo falaremosvos das características do relevo dos bordos diverxentes ou construtivos e dunhas fracturas que denominamos fallas transformantes. Estes bordos diverxentes ou construtivos que se encontran na superficie terrestre actual coinciden con dous tipos de estruturas xeolóxicas. As dorsais oceánicas e os vales de rift intracontinentais. Ambas estruturas presentan numerosas similitudes na súa xeoloxía e dinámica, e isto débese a que son etapas diferentes da evolución que experimentan os bordos diverxentes. Imos primeiro coas dorsais.
[0:50]Vexamos primeiro as características do relevo das dorsais. A maioría dos bordos de placas diverxentes están asociados ás dorsais oceánicas. O sistema global de dorsais semella unha xigantesca sutura de máis de 70.000 km que percorre as principais concas oceánicas, formando o relevo máis longo da superficie terrestre. Sería algo similar a cando observamos o percorrido que traza a costura dunha pelota de béisbol. O relevo das dorsais é moi escarpado e pode alcanzar unha altura que oscila entre os 1.500 e os 3.000 metros sobre o nivel das chairas oceánicas. O termo dorsal pode confundir, dado que non é unha estrutura estreita. Ao contrario, ten anchuras que van desde 1000 ata máis de 4000 km. Ao longo da maior parte das dorsais, existe unha gran depresión imperial chamada Rift. No fondo deste rift prodúcese unha actividade volcánica moi intensa e polas súas fracturas ascende magma formado a partir de rochas do manto superior. Este magma arrefría, consolidando a ámbolos lados da dorsal e enchendo oco deixado pola separación da nova litosfera oceánica.
[2:14]Así é como os océanos se ensanchan e medran. Distínguense dous tipos de dorsais, as de tipo Atlántico e Índico e as do tipo Pacífico. Falaremos primeiro das dorsais de tipo Atlántico e Índico. Sitúanse no centro dos océanos e son simétricas con respecto ás liñas da costa das dúas marxes. Presentan un rift delimitado por grandes fracturas ou fallas. Nelas, a velocidade de expansión oceánica é pequena, de 1 a 4 cm por ano, a velocidade a que medran as unllas. Nalgún tramo, os materiais volcánicos que expulsa a dorsal Atlántica pode formar unha illa emerxida, como é o caso de Islandia. As dorsais de tipo Pacífico, a diferenza das anteriores que explicou Xacobo, non son simétricas con respecto ás liñas de costa e non teñen rift, xa que só presentan unha pequena depresión. Fixádevos como a dorsal no Pacífico norte discorre moi próxima á costa americana. A velocidade de desprazamento das placas é máis elevada. Nalgúns puntos acádese os 20 cm por ano. Pensade que neste tempo o noso cabelo medra tan só 15 cm. Podedes preguntalvos: cal é a actividade xeolóxica nas dorsais? Observaredes que as dorsais son zonas xeolóxicas moi activas, ademais, dunha intensa actividade volcánica. Nelas acontecen numerosos terremotos superficiais cuxos hipocentros se localizan nunha profundidade de entre 10 e 30 km de profundidade, como ben se saben. Pero, se vos parece ben a todos, vexamos agora as características dos rift continentais.
[4:22]Os vales de rift intracontinentais son bordos diverxentes situados entre dúas placas que forman parte aínda do mesmo continente. Estes vales orixinan grandes depresións alongadas, con relevos escarpados e abundante actividade volcánica no seu fondo. Por iso, están formados principalmente por lava solidificada. Un dos vales de rift máis coñecidos é o Rift Valley de África Oriental. Se a diverxencia prosegue, o val pódese estender, conectar cun océano, inundarse e converterse nun novo mar estreito. E por último, falarémosvos das fallas transformantes.
[5:15]As fallas transformantes son zonas de fractura que cortan perpendicularmente as dorsais a intervalos de 50 a 100 km. Isto produce un desprazamento lateral da dorsal de até varios centos de quilómetros e que incluso pode chegar a superar ás veces os 5000 km de lonxitude. Como esta que estou medindo aquí coa regra de Google Earth. A falla máis famosa do mundo é a Falla de San Andrés en California. Esta falla sitúase entre a placa pacífica que se despraza cara ao norte e a placa norteamericana que se move cara ao sur. Este desprazamento é de 1 a 6 cm ao ano, provocando frecuentes terremotos na zona de San Francisco e os Ángeles.
[6:16]As fallas transformantes son bordos conservativos nos que nin se crea nin se destrúe litosfera oceánica. Por ese motivo, non hai vulcanismo asociado a estas fallas. Con todo, os terremotos son frecuentes, aínda que só aqueles de foco sísmico superficial. Un dos máis famosos na historia recente foi o de San Francisco en 1906, que tivo unha intensidade de máis de 7,6 graos na escala de Richter. E os datos da época falan de máis de 3.000 mortos. Se queredes ver máis minutos sobre a catástrofe, deixámosvos un link na descripción do vídeo. Ben, ata aquí chegou o que vos queríamos contar sobre as dorsais, os Rift e as fallas transformantes. Para chegar a comprender isto fixo falla o traballo de moitos científicos que xuntaron esforzos ante grandes desafíos. E como dixo Marie Curie, na vida non existe nada que temer, só cousas que comprender. Ata pronto. Aguriño.



